Na clase traballamos de diferentes maneiras, ademais do libro e fichas, temos tempo para traballar nos recunchos. Desta maneira, tamén aprendemos e nos divertimos ao mesmo tempo. Aprendemos matemáticas, xogamos a diferentes xogos de mesa que nos axudan a gardar o noso turno, respectar normas, poñer en práctica diferentes habilidades como por exemplo a estratexia; construimos os nosos propios mundos desenvolvendo a nosa creatividade, creamos obras de arte deixando voar a nosa imaxinación...
No hay comentarios:
Publicar un comentario